Arranca en Vigo a Liga Galega de Boccia

Atletas de toda Galicia daranse cita o próximo sábado no Pavillón das Travesas,  a partir das 10 horas

         A cidade de Vigo será a sede este sábado da primeira xornada da Liga Galega de Boccia, organizada polo club vigués Tamiar-APAMP.

         Un total de 20 deportistas dos clubs ADM (ferrol), Tamiar-APAMP (Vigo) e AIXIÑA (Ourense) daranse cita no Pavillón das Travesas (Situado na Avenida de Castrelo, nº 1) a partir das 10 horas para dar o pistoletazo de saída á Liga 2012.

         A boccia é un deporte paralímpico orixinario da Antiga Grecia, recuperado nos anos 70 polos países nórdicos para adaptalo ás persoas con discapacidade. É similar á petanca e participan unicamente persoas con parálise cerebral e outras discapacidades físicas severas. Trátase dun xogo de precisión e estratexia, coas súas propias regras recollidas nun regulamento internacional.

         Trátase dun xogo de precisión e estratexia no que existen varias categorías en función do grao de discapacidade dos deportistas. Todos eles, gravemente afectados e en cadeira de rodas, lanzan as bólas coas mans ou cos pés, agás os da categoría correspondente á discapacidade máis severa, que xogan coa axuda dunha quenlla.