Amencer-ASPACE sorpréndenos un ano máis co seu tradicional Festival de Nadal

O festival celébrase mañá, venres 16 de decembro, ás 16.00 horas no salón de actos do Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra

 

          Un ano máis a asociación Amencer-ASPACE organiza o seu tradicional festival para conmemorar a chegada do Nadal, que terá lugar, como vén sendo habitual, no salón de actos do Centro de Recursos Educativos da Once en Pontevedra, mañá, venres 16 de decembro, a partir das 16 horas.

        

         Os asistentes poderán comprobar de primeira man o esforzo, a orixinalidade e a posta en escena duns actores moi especiais. O festival contará con varias actuacións, entre elas, o espectáculo “Na granxa de Samuel”, o show de Pocoyó e a representación da obra de teatro infantil “Travesuras Navideñas”, na que se narra unha historia chea de aventuras e sorpresas que acontecen na noite de Nadal.

         Ademais, Amencer-ASPACE aproveitará a celebración deste acto tradicional e familiar para outorgar un recoñecemento público ao labor de distintas persoas dos ámbitos político, empresarial e do voluntariado que colaboran coa entidade e que souberon transmitirlle dun xeito ou outro unha serie de valores fundamentais como son:

+Amizade e axuda para mellorar

+Mensaxes de apoio cando o precisamos

+Entusiasmo, apoiando os noso proxectos

+Numerosas mostras de colaboración

+Entrega

+Cariño e proximidade

+Empatía

+Respecto co traballo que realizamos cada día