A Radio dos Gatos, protagonista do programa ‘La ventana’ da Cadena Ser

O programa que conduce Gemma Nierga interesouse por esta iniciativa que opta aos premios Romper Barreiras 2011

Gemma Nierga e Juan José Millas cós locutores da Radio dos Gatos
Gemma Nierga e Juan José Millas cós locutores da Radio dos Gatos
         A Radio dos Gatos, o programa que cada venres elaboran un grupo de usuarios de ASPACE-Coruña, foi o protagonista do espazo radiofónico ‘La Ventana’, que diariamente conduce Gemma Nierga na Cadena Ser.

 

         O pasado venres, día 17 de xuño, tres dos locutores da Radio dos Gatos estiveron no programa da Ser acompañados do xerente de ASPACE-Coruña, Eulogio López.

         Nierga aproveitou a ocasión para agradecer a participación dos membros de ASPACE-Coruña no programa, pois segundo indicou, “non sempre é posible coñecer iniciativas tan interesantes como esta”. Para o xerente da entidade foi “unha honra asistir ao programa, ao ser unha gran oportunidade para dar a coñecer ao noso colectivo”.

         As locutoras da Radio dos Gatos Chus, Rocío e Chon, en representación de todo o equipo, estiveron nos micrófonos de ‘La Ventana’ e comentaron a súa experiencia no mundo da radio de ASPACE-Coruña. Abríronse a toda España contando como foron perdendo a timidez co paso dos programas, de onde saíu o nome do programa e ata fixeron o saúdo oficial do programa: ¡Miau!

         Tras coñecer os detalles da emisión do programa, Eulogio López recordou a participación desta iniciativa nos premios Romper Barreiras 2011 (http://www.premiosromperbarreras.es/), e animou a toda a xente a votar para “dar a coñecer a realidade das persoas con parálise cerebral, que é unha misión de todos”.

         Posteriormente falouse de como as novas tecnoloxías poden mellorar a calida de de vida e a autonomía persoal das persoas con parálise cerebral. Así, Chon, unha das locutoras da Radio dos Gatos, explicou como un sistema de comunicación por computador creado polo Imedir da Universidade dá Coruña, proporcionoulle unha maior autonomía.

         A Radio dos Gatos emite todos os venres o seu programa semanal entre as 10.50 e as 11.15 horas en ASPACE-Coruña e son unhas 100 persoas, entre usuarios e traballadores, as que poden escoitar a actualidade e noticias da asociación. Con todo, durante a súa participación no programa da Cadena Ser, a súa audiencia incrementouse en miles de persoas.