“A Pousadeira”, teatro a favor da asociación Hoy por Mañana de Vigo

O auditorio de Novacaixagalicia acollerá o espectáculo o vindeiro sábado, día 18 de xuño

         O vindeiro sábado, día 18 de xuño, o auditorio de Novacaixagalicia en Vigo acollerá a posta en escea da obra “A Pousadeira”. Trátase dun espectáculo de Carlo Goldoni que chega a Vigo da man do Grupo de Teatro “Agarimo” e que amosa os enganos dunha pousadeira a diferentes homes.

 
         Os beneficios íntegros obtidos serán destinados á asociación “Hoy por Mañana” de Pais e amigos de nenos con Parálise Cerebral. A actuación comezará ás 20.30 horas e as entradas poden ser adquiridas na sede da asociación, na rúa Sagunto, 86 (Vigo); na vinoteca “La Botella” (r/ Pazo, 13 – Bouzas) e no propio auditorio no mesmo día da actuación.