Amencer-ASPACE celebrará o 17 de xuño a súa Xornada de convivencia

Máis de 80 persoas reuniranse no xardín multisensorial da asociación

         O vindeiro día 17 de xuño a asociación Amencer-ASPACE celebrará a súa tradicional xornada de convivencia. Está previsto que asistan máis de 80 persoas a unha xornada que, sen dúbida será moi especial, posto que se realizará no xardín multisensorial do que dispón a asociación.

Jornada de convivencia
Jornada de convivencia
         A xornada iniciarase ás 10:30 horas e alargarase ata as 17:00 horas. Durante o encontro presentarase unha memoria fotográfica das actividades de todos os centros dos que é titular Amencer-ASPACE, faranse xogos diversos e gozarán dunha gran tómbola (que contará con agasallos doados por particulares e empresas) aberta a todos os que nos queiran visitar.
Pola tarde, terá lugar un concurso-degustación de sobremesas caseiras e outras sorpresas. Sen dúbida será unha xornada inesquecible para todos.