A Asociación ASPACE-Coruña recibe un donativo da Fundación Familia Naveyra Goday

A presidenta da Fundación, Olga Costa Cristín, entregou este mércores a doazón nunha visita a entidade

Olga Costa Cristín e Eulogio López Río
Olga Costa Cristín e Eulogio López Río
         A presidenta da Fundación, Olga Costa Cristín, entregou este mércores a doazón nunha visita a entidade.

         A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña recibiu unha doazón da Fundación Familia Naveyra Goday, que xa colaboraron en anteriores ocasións coa entidade.

         A presidenta da Fundación; Olga Costa Cristín, entregou o pasado mércores  o cheque ao director xerente de ASPACE, Eulogio López Río, quen agradeceu a achega, que servirá para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral. Olga Cristín aproveitou  tamén a súa visita ás instalacións para asinar no Libro de Ouro de ASPACE-Coruña e recibiu un cadro pintado polos usuarios dun dos obradoiros do centro de día da asociación.

         ASPACE-Coruña agarda seguir contando coa colaboración e solidariedade de entidades coma esta, posto que sen a súa achega sería moi difícil poder conseguir dar os mellores servizos e a atención máis eficiente ás persoas con parálise cerebral.