Coñecendo Laxe e Ares

En Semana Santa os rapaces da residencia coñeceron a vila mariñeira

Un descanso no camiño
Un descanso no camiño
         Os usuarios da residencia de ASPACE-Coruña fóronse de vacacións de Semana Santa a Laxe. Durante a excursión, coñeceron esta preciosa vila e gozaron das vistas e do aire do mar. Entre os plans que fixeron estivo a visita ao faro da localidade.

         Por outra banda, a pasada semana os usuarios da residencia visitaron o municipio de Ares e gozaron dun soleado día ao aire libre. E para finalizar a semana, a residencia acolleu unha gran mexilloada na que participaron os usuarios e as súas familias.