ASPACE reivindica a igualdade de trato e a non discriminación

A Confederación ASPACE subscribe o manifesto no que as principais entidades de acción social defenden a necesidade de contar cunha Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación

         A Confederación ASPACE subscribe a iniciativa para impulsar a creación dunha Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación impulsada pola Plataforma de ONG de Acción Social, a Plataforma do Voluntariado, a Rede Europea Contra a Pobreza e o CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).

 

ASPACE reivindica a igualdade de trato e non discriminación
ASPACE reivindica a igualdade de trato e non discriminación
        Neste sentido, ASPACE súmase á reivindicación impulsada por estas entidades para crear unha lexislación integral e unitaria, co obxectivo de que tódolos cidadáns exerzan de forma efectiva os seus dereitos fundamentais, e se preveña calquera tipo de discriminación e protexa ás vítimas.

         Jaume Marí, presidente de ASPACE, considera fundamental a unión do Terceiro Sector Social “para garantir a igualdade de trato e oportunidades de tódolos cidadáns, claves para o pleno desenvolvemento persoal e social”.

         Así mesmo, Marí apunta que “a adecuación da normativa española supón recoñecer a diversidade da sociedade como valor engadido así como previr e suprimir situacións de discriminación”.

         A Confederación ASPACE adhírese ao Terceiro Sector de Acción Social pois entende que a Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación é urxente no contexto actual, no que se incrementou a desigualdade no acceso aos recursos, bens e servizos dun amplo sector da sociedade.

         ASPACE apoia ás principais plataformas de acción social pois a incorporación da Lei ao marco xurídico español supón “enfocar a igualdade dende unha óptica que englobe a tódolos cidadáns e non como unha cuestión de minorías”.

         Por último, ASPACE considera que o avance cara a xustiza e a paz social é unha tarefa conxunta pois “unha sociedade non pode avanzar sen garantir a igualdade de oportunidades e de trato dos que a compoñen” e insta aos grupos políticos a que apoien e sexan ambiciosos na loita contra a discriminación.