Marca a X Solidaria, pola autonomía das persoas con discapacidade

Grazas á solidariedade da cidadanía, en 2009, máis de 205 millóns de euros destináronse a programas que desenvolven entidades e organizacións non gobernamentais

         A Confederación ASPACE, en apoio á campaña da Plataforma de ONG de Acción Social, anima aos cidadáns a marcar la opción de “fins sociais” ao facer a súa declaración da renda.

         No exercicio de 2009, grazas á solidariedade da cidadanía, as entidades e organizacións non gobernamentais recibiron máis de 205 millóns de euros para a execución dos seus programas e servizos.

A X Solidaria
A X Solidaria
         A través dos recursos procedentes desta opción fináncianse programas de apoio para a autonomía persoal, axuda a domicilio, centros de día e ocupacionais, intervención con familias, centros de atención integral, programas de respiro familiar e servizos transitorios de aloxamento. En concreto, máis da metade (59%) dos proxectos presentados en 2009 polas entidades ASPACE ao Plan de Prioridades, obtiveron financiamento grazas á recadación do IRPF.

         Por outro lado, o apoio dos contribuíntes é fundamental para cubrir a crecente demanda de axudas (nalgunhas ONG incrementouse nun 40% nos últimos meses) e loitar contra a crise económica que afecta ás persoas e colectivos máis vulnerables.

         ASPACE considera vital a solidariedade da cidadanía para combater a exclusión social, pois as persoas que viven baixo o limiar da pobreza en España xa son case 9 millóns.

 Unha X Solidaria

         Con 22 anos de historia, a “X Solidaria” é a opción número 13 da declaración da renda e, ao marcala, o contribuínte destina o 0,7% dos seus impostos a proxectos sociais impulsados por ONG.

         Coa tamén denominada opción de “fins sociais”, o cidadán adopta unha actitude activa e solidaria, sen custo económico algún, favorecendo a axuda aos colectivos sociais máis vulnerables e en risco de exclusión social.