Gran acollida do curso de manexo basal en salas de estimulación

O curso implica dar continuidade do proxecto impulsado pola Confederación ASPACE co financiamento da Fundación Solidariedade Carrefour.

Sala de estimulación sensorial
Sala de estimulación sensorial
         A Confederación ASPACE inaugura o Programa de Formación Continua 2011 co curso Introdución ao Manexo Basal de Salas de Estimulación Multisensorial, o primeiro a nivel nacional da programación de 2011, que se celebrará en Madrid e que tivo unha excelente acollida por parte das entidades.

 

          O módulo Introdución ao Manexo Basal de Salas de Estimulación Multisensorial desenvolverase na Fundación Numen os días 7 e 8 de abril, e será impartido por Carlos Pérez, profesional cunha ampla traxectoria na área da estimulación basal.

         A xornada formativa, que se basea na metodoloxía do aprender-facendo, tratará sobre as aplicacións e usos das diferentes materiais das tamén chamadas ‘salas Snoezelen’. Ademais, os profesionais afondarán e intercambiarán coñecementos na evolución da persoa durante o traballo cos elementos da sala, as propostas de intervención e o deseño do tratamento por elementos ou integrador.

         O curso implica dar continuidade do proxecto impulsado pola Confederación ASPACE co financiamento da Fundación Solidariedade Carrefour. A iniciativa permitiu a instalación e equipamento de 18 aulas de estimulación multisensorial en centros confederados de 11 comunidades autónomas grazas ás cales arredor de 2.000 persoas con parálise cerebral melloran o seu benestar e calidade de vida.

         Debido á grande acollida que tivo a acción formativa, a Confederación ASPACE está valorando a posibilidade de facer unha próxima edición deste curso, para que todas aquelas persoas que se quedaron en lista de espera, teñan oportunidade de tomar parte nesta acción formativa.

         Este ano serán arredor de 70 cursos -fronte a 61 en 2010- os que formarán aos profesionais das entidades de ASPACE.
A través do seu Programa de Formación, a Confederación ASPACE mantén a súa aposta pola calidade ofrecendo unha formación adaptada e específica, para os profesionais que traballan por e para a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral.