Comezan os preparativos para o Día Nacional da Parálise Cerebral

A Confederación institúe os I Premios ASPACE, co obxectivo recoñecer ás persoas con parálise cerebral e entidades ASPACE

        A Confederación ASPACE inicia os preparativos do Día Nacional da Parálise Cerebral (1 de outubro). Trátase dunha iniciativa pensada por e para as persoas con parálise cerebral que nace co obxectivo de se converter nun foro de intercambio de experiencias e na plataforma dos I Premios ASPACE.

A Confederación ASPACE da o pistoletazo de salida a os preparativos do Día Nacional da Parálise Cerebral
A Confederación ASPACE da o pistoletazo de salida a os preparativos do Día Nacional da Parálise Cerebral
       Traballadores, familias e persoas con parálise cerebral das entidades ASPACE, serán os protagonistas dos actos que a Confederación ASPACE organizará durante dous días en Navarra (30 de setembro – 1 de outubro). O obxectivo é que este sexa un día feito por e para as persoas con parálise cerebral. Por iso, o programa do Día Nacional da Parálise Cerebral adaptase ás necesidades e motivacións.

         A programación estrela constituirana varias mesas redondas nas que, a xeito de foro de encontro, serán as persoas con parálise cerebral as que amosen ao resto dos asistentes aquelas iniciativas innovadoras que desenvolven as súas asociacións.

         A Confederación publicará nos vindeiros días unha circular animando a tódalas asociacións a que presenten aquelas iniciativas innovadoras en materia de tempo libre, vida independente, integración laboral, autonomía persoal e outras áreas, que queiran presentar durante o Día Nacional ao resto das asociacións.

         Por outro lado, a Confederación institúe os I Premios ASPACE, uns galardóns con vocación de continuidade, que teñen por obxectivo recoñecer ás persoas con parálise cerebral e entidades ASPACE, así como a entidades públicas e privadas que colaboraran co colectivo de xeito especial.

         As categorías serán: institución pública, institución privada, traxectoria vital (persoa con parálise cerebral), boas prácticas (entidade ASPACE) e voluntariado (entidade ASPACE). En breve, publicaranse as bases destes premios para que as entidades ASPACE propoñan aquelas persoas e/ou entidades que consideren merecedoras dos galardóns.

         O acto de entrega de premios tamén contará coa lectura dun manifesto a cargo dunha persoa con parálise cerebral e un membro do voluntariado ASPACE. Este documento nace coa vocación de transmitir á sociedade as reivindicacións e preocupacións das persoas con parálise cerebral.

          En breve, informarase en profundidade sobre as xornadas, premios, e demais actividades organizadas con motivo do Día Nacional da Parálise Cerebral, para pedirvos a vosa participación, complicidade e suxestións.