A Fundación Solidaridad Carrefour premia un proxecto de ASPACE-Coruña

A asociación obtivo o maior número de votos dos clientes de Carrefour Express de Ames e Sada para a adquisición de bicicletas adaptadas a persoas con parálise cerebral

A asociación obtivo o maior número de votos dos clientes de Carrefour Express de Ames e Sada
A asociación obtivo o maior número de votos dos clientes de Carrefour Express de Ames e Sada
         A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña foi a gañadora dun concurso realizado pola Fundación Solidaridad Carrefour nos centros Express que ten en Ames (Bertamiráns) e no porto de Sada.

O proxecto conseguiu o aval de preto de 18.000 votos de clientes deses supermercados, que apoiaron o proxecto de ASPACE-Coruña para a adquisición de bicicletas adaptadas para persoas con parálise cerebral.

         A entrega dos cheques, cun valor de 2.000 euros, realizouse pola mañá en Ames e pola tarde en Sada, e no acto estiveron presentes o director-xerente de ASPACE-Coruña, Eulogio López Río, o director de Explotación de Carrefour, Gabriel García, e o Xefe Rexional de Explotación, Juan Sancho.