Os usuarios de APAMP realizan, un ano máis, o Meco do Entroido de Redondela

Nesta ocasión representaron o ‘plantón’ que os controladores aéreos deron aos pasaxeiros dos aeroportos españois nos últimos meses.

O Meco en Redondela
O Meco en Redondela
         Un ano máis, os usuarios do obradoiro de papel de APAMP realizaron a figura do Meco que tanto distingue ao Entroido do Concello de Redondela. Nesta ocasión, e seguindo a actualidade do momento, amosaron a escena que tantas veces se repetiu nos aeroportos españois a causa da greve de controladores aéreos.

 

         Así, unha muller e un home con cadansúa maleta amosaron a súa frustración ante un panel de avisos con voos cancelados e con imaxinativas propostas de transporte alternativo.

         Unha vez instalado o Meco no balcón do consistorio redondelán, un importante grupo de usuarios da asociación visitárono disfrazados y foron recibidos polo concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera.

         A figura do Meco foi queimada, como manda a tradición, no serán do martes de Entroido nun multitudinario acto.