ASPACE reproba as declaración de Celia Villalobos

A deputada do PP cualifica a reserva de prazas de acceso para persoas con discapacidade como o temas dos “tontitos”

         A Confederación ASPACE censura as declaracións realizadas pola deputada do Partido Popular, Celia Villalobos, quen se referiu ás persoas con discapacidade como “tontitos” durante unha reunión da Xunta de Voceiros do Congreso dos Deputados.

          Neste sentido, ASPACE súmase ao manifestado polo CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) que cualificou de “moi grave que algúns políticos españois empreguen formas desfasadas e profundamente inxustas para referirse a persoas con discapacidade”.

          Para Jaume Marí, presidente de ASPACE, as declaracións da deputada do PP amosan “moi pouca sensibilidade e consideración cara un colectivo que aglutina a máis de 3.8 millóns de persoas en España”.

         A escusa esgrimida pola deputada, quen asegurou que na súa terra fálase dese modo, “está fora de lugar e supón un agravio aínda maior, xa que manifestan o traballo de sensibilización e concienciación que aínda queda por facer”, aseverou Marí.

         Por outro lado, o presidente da Confederación ASPACE declarou que “a clase política ten que ser exemplo para a sociedade, non debe utilizar unha linguaxe lesiva cara un grupo social coma o das persoas con discapacidade. Este tipo de declaracións son inxustificables. Todos, comezando polos políticos, temos que empregar unha linguaxe baseada no rigor, o respecto á diferenza e á igualdade de trato”.

         Villalobos realizou estas declaracións antonte ao cuestionar a necesidade de que exista unha reserva de prazas para funcionarios da Cámara destinado a persoas con discapacidade.

         As declaracións da deputada tamén foron reprobadas polo presidente da Cámara do Congreso, José Bono, quen pediu á deputada por Málaga que rectificara, ao que Villalobos se negou, polo que Bono decidiu suspender a sesión de traballo.