Usuarios de ASPACE-Coruña gozan dunha tarde de xogos con voluntarios de Alcoa

A experiencia, segundo relataron os propios voluntarios, “foi moi bonita” e non dubidan en volver a visitar a entidade noutras ocasións.

         Os usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE-Coruña) gozaron dunha divertida tarde na compaña dos voluntarios de Alcoa.

 

Os usuarios de ASPACE disfrutaron hoxe dunha divertida tarde en compañía dos voluntarios de Alcoa
Os usuarios de ASPACE disfrutaron hoxe dunha divertida tarde en compañía dos voluntarios de Alcoa
        Un total de 18 traballadores da factoría coruñesa pasaron máis de catro horas na compaña dos usuarios, aos que axudaron a plantar árbores e a colocar varios niños para paxaros. Foron os usuarios do centro educativo, do centro de día e da residencia os que puideron gozar desta actividade, á que lle seguiu unha merenda de chocolate con churros para os participantes.

         Para rematar, ASPACE ofreceulles aos voluntarios a posibilidade de xogar, sentados en cadeiras de rodas, cos mozos aos deportes adaptados: boccia e slalom. Todos os participantes pasárono moi ben e os traballadores de Alcoa puideron comprobar o alto nivel dos deportistas da asociación.
A experiencia, segundo relataron os propios voluntarios, “foi moi bonita” e non dubidan en volver a visitar a entidade noutras ocasións.