Aspace-Coruña renova o seu convenio de colaboración co Concello de Arteixo

O acordo suporá unha achega de 8.000 euros á entidade

        A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) renovou esta mañá o seu convenio de colaboración co Concello de Arteixo.

         Ambas institucións manteñen dende novembro de 1997 este acordo, que para o ano 2011 suporá unha achega por parte do Concello de Arteixo dun total de 8.000 euros, un 100% máis que no exercicio anterior.
No  acto de firma estiveron presentes a alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto Iglesias; a concelleira de Servizos Sociais, Lourdes Loureiro Naya; o presidente de ASPACE-Coruña, Javier Gómez Sánchez, e o director xerente da entidade, Eulogio López Río.