A Confederación ASPACE perfila o Día Nacional da Parálise Cerebral

O órgano directivo da entidade debateu sobre a instauración e principais actividades do Día Nacional da Parálise Cerebral, que se celebrará a finais de setembro

         A Xunta Directiva da Confederación ASPACE reuniuse o pasado 20 de xaneiro e afondou na conmemoración do Día Nacional da Parálise Cerebral, que terá lugar a finais de setembro.

          Neste sentido, o órgano directivo expuxo as liñas temáticas e actividades do Día da Parálise Cerebral que reunirá, por primeira vez, aos representantes do colectivo para celebrar e intercambiar experiencias e boas prácticas desenvolvidas no seo das entidades confederadas.