A consecución deste distintivo demostra a elevada calidade dos servizos que ofrece a entidade aos seus usuarios
A Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación ASPACE-Galicia) conseguiu a certificación de calidade ISO 9001 na auditoría realizada pola compañía Bureau Veritas o pasado 24 de xaneiro.
Así, contan xa co certificado ISO 9001 o servizo de atención á demanda; integración sociolaboral de persoas con parálise cerebral; respiro familiar; mantemento de instalacións e edificios de entidades asociadas; e o servizo de formación/capacitación profesional para directivos e técnicos.
A consecución deste certificado demostra a elevada calidade dos servizos prestados pola Federación ASPACE-Galicia, que se iniciou neste proceso en outubro de 2009 a través do Programa de Certificación ISO 9001 da Obra Social Caixa Galicia. Na duración do mesmo, Federación ASPACE-Galicia someteuse tamén a diferentes auditorías internas cruzadas con outras entidades participantes no mesmo programa.