Vigo acolle a I Xornada da Liga Galega de Boccia

Atletas de toda Galicia daranse cita mañá no Pavillón das Travesas a partir das dez mañá

         A cidade de Vigo será a sede este sábado da primeira xornada da Liga Galega de Boccia, organizada polo club vigués Tamiar-Apamp.

Boccia
Boccia
Un total de 30 deportistas dos clubs ADM (Ferrol), ASPACE-Coruña (Sada, A Coruña), TAMIAR-APAMP (Vigo) e AIXIÑA (Ourense) daranse cita no Pavillón das Travesas (sito na Avenida de Castrelos, nº 1) en horario de 10.00 a 14.00 horas e pola tarde de 16.00 a 18.00 horas para dar comezo a Liga 2011.

         A seguinte xornada do campionato terá lugar na Coruña no mes de febreiro, pasando por Ferrol en marzo, Ourense en abril e finalizando no mes de maio en Vigo coa disputa da última xornada e a entrega de trofeos aos campións de Liga.

         A boccia é un deporte paralímpico orixinario da Antiga Grecia, recuperado nos anos 70 polo países nórdicos co fin de adaptalo ás persoas con discapacidade. É similar á petanca e nel unicamente participan persoas con parálise cerebral e outras discapacidades físicas severas. Trátase dun xogo de precisión e estratexia, coas súas propias regras recollidas nun Regulamento Internacional.

         Trátase dun xogo de precisión e estratexia no que existen varias categorías en función do grado de discapacidade que padezan os deportistas. Todos eles, gravemente afectados e en cadeira de rodas, lanzan as bolas coas mans ou cos pes, excepto os da clase correspondente á discapacidade máis severa, que xogan coa axuda dunha quenlla ou rampla e cun auxiliar que se encarga de mover e colocar a quenlla na dirección que lle indique o deportista. A boccia dispútase en probas individuais, por parellas e de equipos, sendo un deporte mixto no que os homes e as mulleres compiten entre si.

Máis información en:
http://www.fedpc.org/cgi-bin/DP_boccia_informacion.asp?opcion=boccia