César Bouzón participa nunha charla do Grupo Geriatros sobre terapia asistida con animais

O terapeuta ocupacional de Amencer-ASPACE é un recoñecido experto neste tipo de terapias

         O terapeuta ocupacional de Amencer-ASPACE, César Bouzón, participou o 27 de decembro  nunha charla sobre terapia asistida con animais organizada polo Grupo Geriatros.

César Bouzón
César Bouzón
          Bouzón foi un dos expertos que deu a coñecer os beneficios do emprego de cans como unha ferramenta máis dentro das terapias a realizar con persoas maiores.

 

        Entre os beneficios que aporta a realización de terapias con animais, atópanse os de mellorar a auto valoración das persoas maiores e mellorar o seu estado de ánimo ao facelos sentirse necesarios. Por outra banda, axuda a eliminar os sentimentos de illamento e a soidade á vez que promove a actividade física.

         Na charla tamén participou a profesora da Facultade de Ciencias da Saúde de A Coruña, Adriana Ávila, e o educador canino e director do centro canino Montegatto de Oza dos Río, Octavio Villazala.