ASPACE-Lugo celebra a chegada do Nadal con música e contacontos

A festa contou coa participación de numerosos usuarios, familiares, profesionais e amigos
A festa contouó coa participación de numerosos usuarios, familiares, profesionais e amigos
         O pasado venres, 17 de decembro, ASPACE-Lugo celebrou a chegada do Nadal cunha festa por todo o alto.

 

          Na reunión, que contou coa participación de numerosos usuarios, familiares, profesionais e amigos, púidose gozar coas actuacións de varios contacontos, panxoliñas e coa visita de Papá Noel, quen fixo as delicias dos máis pequenos.

         A nota musical da festa correu da man do grupo Music Show, dúo musical liderado por Adrián, músico e cantante con parálise cerebral.