A Asociación ASPACE-Coruña recibe un donativo da Fundación Familia Naveyra Goday

Esta achega destinarase á creación dun obradoiro de actividades artísticas para persoas con parálise cerebral

         A Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña recibiu esta mañá un donativo da Fundación Familia Naveyra Goday, logo de que a súa presidenta, Olga Cristín, coñecese fai unhas semanas o funcionamento da asociación e os servizos que reciben os seus preto de 100 usuarios.

Donativo de la Fundación Naveyra Goday
Donativo de la Fundación Naveyra Goday

Olga Cristín entregoulle este cheque por un importe de 2.000 euros ao Director Xerente de ASPACE, Eulogio López, quen agradeceu esta importante achega destacando a relevancia que terá a súa finalidade: mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.

         De feito, o diñeiro que hoxe aportou a Fundación Familia Naveyra Goday destinarse á creación dun obradoiro no que os usuarios da asociación ASPACE poderán realizar actividades artísticas.
ASPACE espera seguir contando coa colaboración e a solidariedade de entidades como esta, pois sen achegas coma esta sería moi difícil poder conseguir dar os mellores servizos e a máis eficiente atención ás persoas con parálise cerebral.