Hoy por Mañana organizou unha charla sobre os beneficios da terapia asistida por animais

O obxectivo é afondar no coñecemento desta terapia e os múltiples beneficios que aporta para o desenvolvemento da aptitudes útiles para a vida cotiá e a autonomía persoal

         A empresa de canoterapia Con.tacto, en colaboración coa asociación Amencer-ASPACE, organizaron unha charla na sede da asociación Hoy por Mañana sobre os beneficios da terapia asistida con animais no tratamento de persoas con parálise cerebral.

 

         Baixo o título “Beneficios da terapia e actividades asistidas con animais en afectados con parálise cerebral” afondaron nas diferentes técnicas utilizadas e nos beneficios aportados polas mesmas para a consecución dunha mellora na calidade de vida das persoas afectadas por parálise cerebral.

         Un total de 20 persoas acudiron a esta cita e puideron comprobar cómo funciona a Terapia Asistida con Animais (TAA) e como pode esta beneficiar aos seus fillos de diferentes modos, tanto a nivel físico, psíquico e sensorial.

         A charla contou coa participación de expertos en TAA como Olalla Vergara (mestra e técnica en terapia asistida con Animais que realizou unha ppresentación introdutoria na TAA), Patricia Ruibal e Iria Guerra afondaron durante a súa intervención nos beneficios tanto psicolóxicos como físicos das terapias con animais e, por último, César Bouzón (terapeuta ocupacional de Amencer-ASPACE) presentou o proxecto que está levando a cabo a asociación en materia de TAA.

         O obxectivo da charla é analizar e afondar no coñecemento da terapia asistida con animais e os múltiples beneficios para desenvolver aptitudes útiles para a vida cotiá e a autonomía persoal.