Hoy por Mañana pasou un verán repleto de aventuras en Ponteferrada

Os usuarios da entidade desprazáronse ata Ponferrada para pasar uns días dentro do programa de campamentos de verán

         En agosto, como ven sendo habitual, os usuarios de Hoy por Mañana puideron gozar do programa de campamentos de verán que a asociación pon a disposición dos seus socios.

 

         Un total de nove rapaces con parálise cerebral deprazáronse ata a localidade ponferradina de Cubillos del Sil para gozar duns días cheos de aventura e lecer. Durante as súas vacacións aloxáronse nas instalacións de “El bosque de los sueños”, un complexo vacacional totalmente adaptado, onde o rapaces pernoctaron en cabanas de madeira.

         Rodeados dun entorno natural privilexiado, entre o Montes de León e a Cordilleira Cantábrica, realizaron numerosas actividades de lecer como roteiros en karts adaptados e xogos acuáticos na piscina do complexo.

         El Bosque de los sueños conta con 16 cabanas totalmente adaptadas e domotizadas para persoas con discapacidade. Como reza o seu propio slogan “un lugar onde a maxia e os soños se fan realidade”. Sen dúbida os rapaces de Hoy por Mañana puideron comprobalo por si mesmos.

Máis información en:
www.elbosquedelosuenos.com