ASPACE-Lugo gozou dunha xornada de biodiversidade e integración

Usuarios da entidade visitaron o Centro de Interpretación Avifauna onde puideron coñecer aves dos cinco continentes

         A Fundación Solidaridad Carrefour convidou á asociación ASPACE-Lugo (Asociación de Nais e Pais de Menores con Parálise Cerebral) a realizar unha visita ao Centro de Interpretación Avifauna na localidade lucense de Outeiro de Rei e a unha merenda ao aire libre.

 
         Esta visita tivo lugar dentro da xornada de biodiversidade e integración de colectivos con discapacidade no medio ambiente.

         Este centro, que está situado a 15 quilómetros da cidade de Lugo, posúe unha grande variedade de aves procedentes dos cinco continentes. O parque consta de 28 recintos, dende os que se pode acceder con facilidade a observar de preto ás aves, o que fixo as delicias dos usuarios que acudiron á visita. O parque atópase no medio dun bosque, o que permitiu aos usuarios de ASPACE-Lugo gozar dunha xornada en pleno contacto coa natureza.

         Trala celebración desta visita, a Fundación Solidaridad Carrefour fixo entrega dunha serie de regalos a tódolos participantes na xornada.