Usuarios de ASPACE-Coruña entregan diplomas en AGARIMO en compañía de Arsenio Iglesias

+ O ex adestrador do Depor asistiu a este acto en conmemoración do sétimo aniversario da residencia de anciáns de Oleiros


+ Chon Rouco, Gisela Galeiras, Yago Rodríguez e Alberto Pardo compartiron cos residentes de Agarimo a súa experiencia no deporte adaptado

Entrega de premios con Arsenio
Entrega de premios con Arsenio
         Catro usuarios da Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral de A Coruña (ASPACE-Coruña) asistiron esta mañá ao acto de entrega de diplomas aos residentes do centro de maiores Agarimo, en Oleiros, pola súa participación en actividades como brilé.

 

         Este evento, que forma parte do programa de celebracións do sétimo aniversario do xeriátrico, contou con outro convidado moi especial: o ex adestrador do Deportivo da Coruña, Arsenio Iglesias.

         Chon Rouco, Gisela Galeiras, Yago Rodríguez e Alberto Pardo, acompañados por dous técnicos de deporte adaptado de ASPACE Coruña, María Rivas e Jacinto Creo, ademais do director xerente da asociación, Eulogio López Río, contaron aos maiores a súa experiencia na práctica de deportes como a boccia e o slalom, que lles teñen reportado numerosos éxitos, o último deles: a medalla de ouro no Campionato Nacional de Slalom en cadeira de rodas ( a finais de maio en Elche, Alicante).

         Durante parte da mañá, Arsenio Iglesias contou anécdotas sobre a súa vida no mundo do fútbol e tanto el como os catro usuarios de ASPACE-Coruña foron recibidos entre aplausos polos residentes de Agarimo, que os agasallaron cunha placa de agradecemento pola súa participación nos actos do sétimo aniversario do centro oleirense. Compartiron sorrisos e apertas e decidiron volver a repetir esta experiencia nos próximos anos.