ASPACE – Coruña pecha con rock o curso escolar

+ Esta tarde actuaron na asociación os grupos Los Santos e Ruta 77


+ Tamén houbo xogos e vendéronse produtos realizados por usuarios da asociación

Concierto solidario
Concierto solidario
         A Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral de A Coruña (ASPACE-Coruña) celebrou hoxe a súa festa de fin de curso, na que durante todo o día houbo xogos e diferentes actividades para os seus arredor de cen usuarios.

         Pola mañá realizáronse carreiras de cadeiras, karaoke, piñata… mentres que pola tarde tocoulle á música. E é que este ano a asociación celebrou a segunda edición do Festival Rock Solidario, que nesta ocasión contou coa participación dos grupos sadenses Los Santos e Ruta 77. Eles foron os encargados de levar a diversión a ASPACE-Coruña cunha clara mensaxe: integración e solidariedade.

       Máis dun cento de persoas, entre usuarios e familias, acudiron ao festival, onde tamén se repartiron sobremesas e refrescos entre os asistentes. Ademais, vendéronse produtos realizados polo propios usuarios coa axuda dos seus titores, coma cadros, broches de feltro e figuras.