Diego Calvo felicita aos membros do Club Sport ASPACE, campións de España de slalom en cadeira de rodas

O delegado territorial considerou os logros destes deportistas como “un exemplo de superación”

         O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, recibiu hoxe aos membros do Club Sport ASPACE proclamados recentemente campións nacionais de slalom en cadeira de rodas, que estiveron acompañados polo xerente da entidade, Eulogio López Río.

Los campeones de España de Slalom en silla de ruedas
Los campeones de España de Slalom en silla de ruedas
      Calvo felicitou aos campións e aos membros de Aspace e destacou este éxito como “un exemplo de superación, tanto dos deportistas como das persoas que os adestran e acompañan”. Así, despois dos éxitos obtidos nesta competición, ASPACE Coruña logra posicionarse de forma definitiva no deporte adaptado.

         Na competición, que tivo lugar a última fin de semana de maio en Elche (Alacante) e na que participaron arredor de 30 deportistas con parálise cerebral de Galicia, Andalucía, Cataluña, Estremadura e da Comunidad Valenciá, resultaron premiados catro deportistas do Club Sport ASPACE.

         Un deles, Alberto Pardo, converteuse en campión nacional de slalom en cadeira de rodas tras obter a medalla de ouro na proba cronometrada e na de equipos. Gisela Galeiras obtivo a medalla de ouro na proba por equipos e a medalla de prata na proba de eliminación individual, mentres que Chon Rouco e Iago Rodríguez lograron a medalla de prata en equipo combinado.

         No transcurso da xuntanza, tanto o delegado territorial na Coruña como os membros da delegación de ASPACE Coruña, coincidiron en sinalar que a práctica deportiva favorece que ás persoas con discapacidade logren a súa plena integración nas correspondentes disciplinas deportivas e tamén a súa total inclusión na sociedade, ao tempo que desenvolven a súa autonomía persoal, melloran a súa calidade de vida e potencian a súa autoestima.