Hoy por Mañana forma a futuros voluntarios

A asociación organizou durante os meses de marzo e abril o I Curso de Formación de Persoas Voluntarias con nenos con parálise cerebral


         Durante dous meses, a Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral de Vigo “Hoy por Mañana” impartiu o I Curso de Formación de Persoas Voluntarias con nenos con  parálise cerebral.

Alumnos durante el curso
Alumnos durante el curso
         Trátase dun curso para formar a voluntarios que queiran colaborar no traballo con nenos con parálise cerebral. Inclúe formación teórico-práctica e posteriores prácticas na asociación.
O obxectivo xeral do curso é “formar e consolidar un grupo de voluntarios especializado en nenos e adolescentes con parálise cerebral para poder levar a cabo actividades de lecer, tempo libre e respiro familiar”.

         O curso consta de catro bloques: “Formación básica sobre a parálise cerebral”, “O voluntariado”, “Ocio inclusivo” e “Linguaxe, educación e sexualidade”.

         Nesta primeira edición, participaron un total de 30 persoas a partir dos 16 anos de idade. A asociación prevé celebrar dúas convocatorias anuais deste curso na sede da entidade. O curso está enmarcado dentro do proxecto de “Voluntariado Responsable”, financiado por Caixanova, a Deputación de Pontevedra e polo Ministerio de Sanidad y Política Social.