ASPACE-Galicia apoia a campaña da Plataforma Acción Social para animar a marcar a opción de “fins sociais”

Durante 2009, máis de 300 ONG impulsaron máis dun milleiro de proxectos sociais grazas ao apoio dos contribuíntes

         A Federación ASPACE-Galicia, ao igual que a Confederación nacional, en apoio á campaña da Plataforma de ONG Acción Social, anima aos cidadáns a marcar a opción de “fins sociais” ao facer a súa declaración da Renda 2009.

X Solidaria
X Solidaria
         Este ano cúmprense 21 anos dende que se creou o sistema de asignación tributaria do IRPF grazas ao que, en 2009, máis de 300 ONG impulsaron máis de 1.000 proxectos sociais que beneficiaron a cinco millóns de persoas en risco de exclusión social.
Por todo iso, dende ASPACE-Galicia se solicita o apoio dos contribuíntes para cubrir a crecente demanda de axudas – nalgunhas ONG incrementouse nun 40% nos últimos meses – e loitar contra a crise económica que afecta ás persoas e colectivos máis vulnerables.

         Neste sentido, considérase vital a solidariedade da cidadanía para combater a exclusión social, nun momento no que as persoas que viven baixo o limiar da pobreza en España xa suman case nove millóns.

          A “X Solidaria” é a casa número 13 da declaración da Renda e, ao marcala, o contribuínte destina o 0,7 % dos seus impostos a proxectos sociais impulsados por ONG.

         Tamén denominada opción de “fins sociais”, o cidadán adopta unha actitude activa e solidaria, sen custo económico, favorecendo a axuda aos colectivos sociais máis vulnerables e en risco de exclusión.