APAMP reivindica unha maior accesibilidade nos locais de ocio

Reclama unha maior concienciación para evitar a exclusión das persoas con discapacidade ou que se relacionen unicamente con membros do seu colectivo

         Un pasatempo tan sinxelo como ir ao cinema ou ao teatro pode converterse nun auténtico calvario para as persoas con discapacidade, que carecen dunha oferta de lecer adaptado nas nosas cidades.

APAMP reivindica una mayor accesibilidad en los locales de ocio
APAMP reivindica una mayor accesibilidad en los locales de ocio
A súa ausencia leva aparellado un elevado risco de exclusión para estas persoas ante a falta de compromiso e concienciación de moitos empresarios.

         Ducias de locais nocturnos e salas de cinema e teatro seguen carecendo de ramplas de acceso e plataformas para moverse en cadeira de rodas. Cada vez máis integrados a nivel laboral, resulta paradoxal comprobar a inxente cantidade de dificultades que as persoas con discapacidade atopan para acceder a opcións de lecer xerais. Un claro exemplo é o cinema, as instalacións só permiten que unha persoa en cadeira de rodas poda ver a película dende o foso, diante da primeira fila, ao carecer das infraestruturas adecuadas para facer accesibles as salas de proxección.

         Dende APAMP, ao igual que tódalas asociacións que conforman Federación ASPACE-Galicia ou que traballan na área da discapacidade, solicítase que se creen programas de lecer normalizado e accesible para tódalas persoas co obxectivo final de fomentar a interacción social das persoas con discapacidade e evitar a súa exclusión.