‘APAMP. El mundo de lo hecho a mano’

O libro, escrito e editado por APAMP, percorre os 30 anos de historia da asociación, a través das experiencias dos seus usuarios, profesionais e de persoas vinculadas á entidade.

María Garrido
María Garrido
         Mediante as fotografías de Eli Regueira, voluntario da entidade, e os textos en primeira persoa, preséntase o traballo desenvolvido en cada un dos obradoiros do centro, no que todas as actividades se realizan de xeito artesán empregando procedementos tradicionais adaptados ás características de cada persoa. 

         No acto de presentación participaron o presidente da asociación, Daniel Varela, quen destacou a labor dos voluntarios ‘grazas aos que podemos desenvolver con maior e mellor calidade á atención nos diferentes servizos e podemos saca adiante proxectos coma este que hoxe vos queremos presentar’. Así mesmo, María Garrido, usuaria veterana da entidade, emocionou á sala co seu agradecemento por ter a oportunidade de amosar á sociedade a súa historia e os retos acadados grazas aos voluntarios e a todas a persoas que colaboraron para facer realidade este libro e desexoulles aos alí presentes que ‘gocedes co noso libro, coa nosa historia, co noso traballo do día a día e que coñezades a nosas capacidades, que vos aseguro que cos apoios necesarios son moitas máis das que a sociedade agarda de nós’.

         Poderá ser adquirido en Vigo na propia sede da asociación (c/ Miguel Hernández, 1), Librería Plaxio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), así como tamén nas librerías Paz, El Pueblo, Michelena e Escolma en Pontevedra. En Santiago de Compostela poderase adquirir na librería do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

         Todos os beneficios obtidos coa venda do libro estarán destinados a realizar accións que contribúan á mellora do benestar dos usuarios de APAMP.