‘O ilímite de pensarte libre’ de Iago Santalla

No libro, o autor relata a súa loita diaria coa enfermidade e coas barreiras impostas pola sociedade na que vivimos

         Iago Pérez Santalla ten parálise cerebral, pero esta circunstancia non supuxo ningún problema á hora de converterse en escritor.

O ilímite de pensarte libre
O ilímite de pensarte libre
          Aos seus 26 anos acaba de publicar “O ilímite de pensarte libre”, un relato sobre o seu día a día, un testemuño en primeira persoas de loita coa enfermidade e coas barreiras que a sociedade lle impón.

         O seu obxectivo con esta obra é “convencer á xente para que deixe de pensar que falar ou moverse diferente equivale a un retraso das facultades mentais”.

         O libro, publicado pola editorial Toxosoutos, é un verdadeiro manual de supervivencia que avoga por unha integración natural das persoas con discapacidade, derrubando as barreiras individuais e colectivas co poder da palabra.

         “O ilímite de pensarte libre” é un libro singular de principio a fin que mestura relato, biografía, crónica e denuncia social nunha obra viva que traspasa os límites de calquera xénero literario